Xornada “No camiño da Igualdade”

A IGUALDADE DE XÉNERO SERÁ TRATADA NUNHA XORNADA ORGANIZADA POLA UNIVERSIDADE SÉNIOR DA CORUÑA

A vicerreitora de Organización Académica e Titulacións da UDC, Ana Tarrío, inaugurará a Xornada “No Camiño da Igualdade”, organizada pola Universidade Senior, que dirixe Pilar García.
A Xornada terá lugar o venres 27 de maio, e a eles acudirán un total de 50 alumnos e alumnas.

A inauguración terá lugar o venres, 27 de maio, no salón de actos do Centro Universitario de Riazor ás 10:00 horas, ao que lle sucederán unha serie de intervencións das áreas de igualdade das institucións publicas que desenvolven iniciativas e políticas de igualdade de xénero.

A profesora da Facultade de Dereito, Patricia Faraldo intervirá ás 10,15, en nome da Oficina de Igualdade de Xénero da UDC.
Tamén pola mañá terá lugar a intervención de Dna. Margarida Vázquez, concelleira delegada de Igualdade e Participación do Concello da Coruña.
Ademais, tanto na sesión da mañá como na súa continuación polo serán terá lugar a exposición pública dalgúns dos traballos realizados polos alumnos e alumnas dos Talleres Europeos da Universidade Sénior da UDC, e que analizan os cambios sociais, políticos, económicos e culturais que teñen mudado o rol social da muller para procura dunha sociedade mais xusta.
Polo serán, intervirá Dna. Silvia Seixas, Deputada responsable da área de Igualdade da Deputación da Coruña, e continuarán as exposicións dos traballos realizados polos alumnos/as sénior.
Esta Xornada será clausurada, ás 20 horas, por Dna. Marta González, Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Descargar Folleto en PDF

Published in: on mayo 26, 2011 at 1:56 pm  Dejar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://obradoirorosalia.wordpress.com/2011/05/26/xornada-no-camino-da-igualdade/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: